martes, 9 de xuño de 2020

Lectura interactiva

Recordamos que o enlace para acceder á actividade de fiction express atópase na páxina web do colexio no apartado plataformas educativas, onde están snappet, aulaplaneta, etc.

Aquí podedes acceder tamén ao vídeo explicativo pinchando no seguinte enlace:




mércores, 20 de maio de 2020

Letras galegas



No seguinte enlace podedes ver os traballos que fixestes para as letras galegas 2020:




Traballos5ºprimaria de mjalvarez@ceipmr.com

luns, 4 de maio de 2020

Vídeo explicativo snappet


Fixádevos ben neste vídeo. 
Nel explica os exercicios que deberedes facer en cada lección de snappet.
Isto axudará a que practiquedes máis, pero é conveniente que o fagades sin axuda. 


domingo, 19 de abril de 2020

Novas tarefas, 3º trimestre

Ola a todos e todas outra vez

A organización do traballo deste trimestre mentres non se poida volver ás clases vai ser do seguinte xeito:

- Vai haber un horario por materias, que será o seguinte:

 LUNS: Lingua castelá e inglés.  
 MARTES: Matemáticas.             
 MÉRCORES: L. galega.             
 XOVES: C. da natureza e E.F. 
 VENRES: C. sociais e música.

- Cada asignatura traballarase así:

Lingua galega, l. castelá e matemáticas: en snappet.

C. da natureza e sociais: en blinklearning e aulaplaneta.

Inglés: en snappet e aulaplaneta.

Polo tanto, o que deberedes facer é entrar cada día no sitio correspondente e ver que tarefas hai asignadas.

Estamos preparando tamén material para os alumnos e alumnas que non teñen acceso a estes materiais. Polo tanto, os que se atopen nesta situación que nolo comuniquen ao correo electrónico de 5primaria@ceipmr.com para así poderllo enviar.

Os que ían a clase de relixión tamén poden facer actividades que hai na páxina web do colexio.

Ánimo e a ver se pronto nos vemos.


xoves, 16 de abril de 2020

REPASO

Ola de novo

Xa se acabaron as "vacacións"  e poñémonos en contacto outra vez no blog.

Como se dixo no tokapp, non imos empezar a traballar esta semana, aínda que sabemos que hai algúns que xa teñen gañas de empezar.

Polo tanto nestes dous días os que non remataron todo o que había que facer en snappet que o rematen.

Ademais deberedes facer unha lección nova de lingua galega, que quedara pendiente de antes de Semana Santa:

- Lección 9: facer todos os exercicios agás o 1e. 


Os que non poidan traballar en snappet que fagan a páx. 132 do libro, pero a entrevista do obradoiro de expresión que lla fagan a alguén da súa casa.

Ao acabar, os que poidan poden facerlle unha foto á entrevista e enviala polo correo de 5º primaria para que a corrixamos.

Moito ánimo para este último trimestre do curso ☺☺☺

mércores, 1 de abril de 2020

ÚLTIMAS TAREFAS DESTE TRIMESTRE

Para rematar as actividades previstas antes de Semana Santa deberedes facer:


MATEMÁTICAS

- SNAPPET: leccións 2 e 4. Recordade que se precisades       facer algunha  operación faise na libreta.



  - OS QUE NON PODEN FACER SNAPPET: páx. 125 do libro: exercicios  do 16 ao 27



LENGUA CASTELLANA:

- SNAPPET: leccións 5, 6 e 9.

 - OS QUE NON PODEN  FACER SNAPPET  exercicios     das páxinas 128, 129 e 133                                                                               

Despois das "vacacións" retomaremos o traballo, polo cal ten que estar esto rematado.  Aínda así calquera dúbida que teñades ou calquera cousa que precisedes preguntarnos podédelo facer en calquera momento a través da mensaxería de snappet ou do correo electrónico do noso curso.

Desfrutade todo o que poidades  e pasade unhas "BOAS VACACIÓNS", aínda que sexa na casa.

😘😘😘


luns, 30 de marzo de 2020

Outras actividades


Como sabedes, no cole, participabades en actividades que se facían desde a biblioteca.

 Pois podedes seguir facéndoo na casa.
So tendes que entrar no blog da biblioteca e ler todas actividades que se propoñen aí e os enlaces para outras.

Así que esperamos que sigades participando nalgunha desas actividades igual ca antes!

TAREFAS NOVA SEMANA

BENVIDOS/AS AO BLOG OUTRA SEMANA MÁIS

O  traballo para os próximos días é o seguinte:

MATEMÁTICAS: - páx. 123 do libro "O desafío"  e en snappet as dúas novas leccións que vos van aparecer.
                           - Os que non teñan snappet, ademáis do desafío farán da páx. 126: 32, 33, 34, 37 e 39.

LINGUA GALEGA: - leccións 5, 6 e 7 de snappet.
                               - Para os que non fagan en snappet:  exercicios das páxinas 130 e 131 do libro.

CIENCIAS SOCIAIS: ler páxina 64, buscar no dicionario as palabras destacadas e escribir o significado, tamén facer o 2º punto de faino en equipo pero individual.  A continuación facer tamén as actividades da páx. 65.

CIENCIAS DA NATUREZA: ler a lectura da páxina 64 e facer as actividades desa páx. e as da 65. Por último ler e facer os exercicios da páx. 76.

E, por suposto, aproveitade tamén para ler algo que vos guste, facer algún xogo en familia, colaborar na casa e ... acordarvos de nós un pouquiño 😊


venres, 27 de marzo de 2020

Mensaxería en snappet

Novo aviso para todos/as

En snappet hai unha nova funcionalidade que sirve para que nos comuniquemos. É un servizo de mensaxería. A través del nós poñeremos comentarios sobre o voso traballo e vós podedes respostar e plantexar dudas.


Na seguinte imaxe veredes onde tendes que pinchar para activar esa función.


mércores, 25 de marzo de 2020

NOVAS ACTIVIDADES DE LENGUA E MATEMÁTICAS

BO DÍA!

Actividades para os seguintes días:

MATEMÁTICAS:     - Snappet: problemas e cálculo

                                -  Para os que non poidan acceder a snappet: exercicios das páxinas 120 e 121 do libro.



LINGUA CASTELÁ:  - Snappet: leccións 5, 6, 7 e 8.

                                 - Os que o fagan na libreta: páxinas 126 e 127 do libro. Ao finalizar os exercicios que alguén lles faga o "dictado"  do libro da páxina 127. Tamén deberán inventar un pequeno poema de dúas estrofas e dicir cantos versos ten cada estrofa.


INGLÉS:    Se hai en snappet algunha actividade de inglés tamén deberedes facela.

Ademais na páxina web do cole, na marxe dereita hai un enlace que pon idioma extranxeiro inglés. Entrades en activities  e ides facendo actividades correspondentes a 5º  de koala text. Asimesmo entrades en  games - activities e ides facendo actividades do  great explorers.

domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 23 DE MARZO

Ola a todos e todas!

Empezamos unha nova semana e aquí tendes as actividades para empezar  a semana e seguir traballando:

Para luns e martes:

MATEMÁTICAS: Leccións 4 e 6.
 Para os que non teñan snappet: páx. 116,117,118 e 119 do libro, tema 8.


LINGUA GALEGA:  Leccións  3 e 4.
 Os que o fagan na libreta:  Páx. 127, 128 e 129 do tema 8.

Para toda a semana:

CIENCIAS DA NATUREZA:   Ler as páxinas  66 e 67 do tema 4.  Tentar facer o esquema desas dúas páxinas. A continuación,  facer as actividades de traballo coa imaxe das dúas páxinas. Por último facer as actividades:  1, 2 e 3 da páx. 66 e a 1 e 2 da 67.

CIENCIAS SOCIAIS: Ler as  páxinas 72 e 73, tema 4. Aprender as comunidades autónomas e as provincias. Descargar mapa e  practicar para saber colocar as provincias e as comunidades.

Podedes practicar tamén nos seguintes enlaces:

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/comunidades-autonomas-de-espaa/9f69dbbf-8dda-4403-b8e1-47d77887b7a6

https://online.seterra.com/es/vgp/3005

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/espauto1e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/espauto2e.html

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/provincias-de-espaa/108fb9ee-6654-465a-a9ed-e84be977a27a

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esprovin1e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esprovin2e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esprovin3eb.html

Ata o mércores!

xoves, 19 de marzo de 2020

ACLARACIÓN ACTIVIDADES DE SNAPPET

Estaredes vendo que hai actividades feitas en snappet que aparecen cun signo de interrogación. Quere dicir que esas actividades temos que corrixilas nós.
Unha vez corrixidas algúns preguntaranse por que están mal e non atoparán o erro. 

Recordade que ao escribir hai que poñer os acentos gráficos necesarios, hai que empezar as oracións con maiúscula, hai que poñer signos de puntuación e cumprir con todas as outras regras de ortografía como b ou v, etc.

Se eso non se cumple a actividade está mal.

Tratade polo tanto de fixarvos máis a partir de agora.

Bicos a todos!