luns, 30 de marzo de 2020

Outras actividades


Como sabedes, no cole, participabades en actividades que se facían desde a biblioteca.

 Pois podedes seguir facéndoo na casa.
So tendes que entrar no blog da biblioteca e ler todas actividades que se propoñen aí e os enlaces para outras.

Así que esperamos que sigades participando nalgunha desas actividades igual ca antes!

TAREFAS NOVA SEMANA

BENVIDOS/AS AO BLOG OUTRA SEMANA MÁIS

O  traballo para os próximos días é o seguinte:

MATEMÁTICAS: - páx. 123 do libro "O desafío"  e en snappet as dúas novas leccións que vos van aparecer.
                           - Os que non teñan snappet, ademáis do desafío farán da páx. 126: 32, 33, 34, 37 e 39.

LINGUA GALEGA: - leccións 5, 6 e 7 de snappet.
                               - Para os que non fagan en snappet:  exercicios das páxinas 130 e 131 do libro.

CIENCIAS SOCIAIS: ler páxina 64, buscar no dicionario as palabras destacadas e escribir o significado, tamén facer o 2º punto de faino en equipo pero individual.  A continuación facer tamén as actividades da páx. 65.

CIENCIAS DA NATUREZA: ler a lectura da páxina 64 e facer as actividades desa páx. e as da 65. Por último ler e facer os exercicios da páx. 76.

E, por suposto, aproveitade tamén para ler algo que vos guste, facer algún xogo en familia, colaborar na casa e ... acordarvos de nós un pouquiño 😊


venres, 27 de marzo de 2020

Mensaxería en snappet

Novo aviso para todos/as

En snappet hai unha nova funcionalidade que sirve para que nos comuniquemos. É un servizo de mensaxería. A través del nós poñeremos comentarios sobre o voso traballo e vós podedes respostar e plantexar dudas.


Na seguinte imaxe veredes onde tendes que pinchar para activar esa función.


mércores, 25 de marzo de 2020

NOVAS ACTIVIDADES DE LENGUA E MATEMÁTICAS

BO DÍA!

Actividades para os seguintes días:

MATEMÁTICAS:     - Snappet: problemas e cálculo

                                -  Para os que non poidan acceder a snappet: exercicios das páxinas 120 e 121 do libro.



LINGUA CASTELÁ:  - Snappet: leccións 5, 6, 7 e 8.

                                 - Os que o fagan na libreta: páxinas 126 e 127 do libro. Ao finalizar os exercicios que alguén lles faga o "dictado"  do libro da páxina 127. Tamén deberán inventar un pequeno poema de dúas estrofas e dicir cantos versos ten cada estrofa.


INGLÉS:    Se hai en snappet algunha actividade de inglés tamén deberedes facela.

Ademais na páxina web do cole, na marxe dereita hai un enlace que pon idioma extranxeiro inglés. Entrades en activities  e ides facendo actividades correspondentes a 5º  de koala text. Asimesmo entrades en  games - activities e ides facendo actividades do  great explorers.

domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 23 DE MARZO

Ola a todos e todas!

Empezamos unha nova semana e aquí tendes as actividades para empezar  a semana e seguir traballando:

Para luns e martes:

MATEMÁTICAS: Leccións 4 e 6.
 Para os que non teñan snappet: páx. 116,117,118 e 119 do libro, tema 8.


LINGUA GALEGA:  Leccións  3 e 4.
 Os que o fagan na libreta:  Páx. 127, 128 e 129 do tema 8.

Para toda a semana:

CIENCIAS DA NATUREZA:   Ler as páxinas  66 e 67 do tema 4.  Tentar facer o esquema desas dúas páxinas. A continuación,  facer as actividades de traballo coa imaxe das dúas páxinas. Por último facer as actividades:  1, 2 e 3 da páx. 66 e a 1 e 2 da 67.

CIENCIAS SOCIAIS: Ler as  páxinas 72 e 73, tema 4. Aprender as comunidades autónomas e as provincias. Descargar mapa e  practicar para saber colocar as provincias e as comunidades.

Podedes practicar tamén nos seguintes enlaces:

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/comunidades-autonomas-de-espaa/9f69dbbf-8dda-4403-b8e1-47d77887b7a6

https://online.seterra.com/es/vgp/3005

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/espauto1e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/espauto2e.html

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/provincias-de-espaa/108fb9ee-6654-465a-a9ed-e84be977a27a

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esprovin1e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esprovin2e.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esprovin3eb.html

Ata o mércores!

xoves, 19 de marzo de 2020

ACLARACIÓN ACTIVIDADES DE SNAPPET

Estaredes vendo que hai actividades feitas en snappet que aparecen cun signo de interrogación. Quere dicir que esas actividades temos que corrixilas nós.
Unha vez corrixidas algúns preguntaranse por que están mal e non atoparán o erro. 

Recordade que ao escribir hai que poñer os acentos gráficos necesarios, hai que empezar as oracións con maiúscula, hai que poñer signos de puntuación e cumprir con todas as outras regras de ortografía como b ou v, etc.

Se eso non se cumple a actividade está mal.

Tratade polo tanto de fixarvos máis a partir de agora.

Bicos a todos!

martes, 17 de marzo de 2020

TAREFAS SEGUINTES

Ola a todos e todas outra vez!

Antes de nada, recordar que aínda hai actividades do luns que algúns non fixeron. En snappet hai que facer tamén as de reforzo. So dous intentos.

Cando acabedes as do luns hai que facer as seguintes:

MATEMÁTICAS: ler e  mirar como operan no recadro do libro na páxina 114. A continuación facer os exercicios desa páxina e da 115.

LINGUA CASTELÁ: lección 1 e 2 en snappet. Os que non poidan facelo en snappet, deberán ler as páxinas 122 e 123. Unha vez lidas facer as actividades das páxinas 124, 125, 130 e 131.

En CIENCIAS SOCIAIS, deberedes poñer nun mapa os ríos, ademais dos elementos que se vos pedían o luns.

Agora deixámosvos aquí uns enlaces para practicar o relevo e as costas de Galicia:

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galicostas1ga.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galicostas2ga.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirelieve1ga.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirelieve2ga.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirios2ga.html

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirios1ga.html

Tamén podedes traballar aquí o esqueleto e os músculos, de  CIENCIAS NATURAIS:

https://cienciasnaturales.didactalia.net/recurso/esqueleto-humano-de-espaldas-primaria/8bcaf93a-1bcf-410d-b7bc-177081d9a5dd

https://cienciasnaturales.didactalia.net/recurso/musculos-del-cuerpo-vista-de-frente-primaria/492e4ed1-eb67-4098-80b5-3b98647ac5e0

O luns poñeremos  novas actividades.
Ata o luns!





luns, 16 de marzo de 2020

AVISO

Estamos observando que algúns non están facendo as actividades na orde que se indicou. Na aplicación de snappet non aparecen sempre na orde axeitada pero para eso poñemos neste blog as indicacións do que debedes facer. 
Por favor, lede ben o que poñemos antes de empezar a facer.

Lembrade tamén, unha vez máis, que todas as contas de matemáticas e todo o que vos indiquen facer no caderno deberédelo presentar cando voltemos ás clases.

venres, 13 de marzo de 2020

Tarefas para facer na casa

Bo día a todos e todas!

A continuación  tendes as actividades que deberedes facer o luns e o martes:


MATEMÁTICAS:  en snappet facer todas as actividades da  lección 1 e da lección 2( Facede 1º a 1 e despois a 2). Hai que facer os cálculos na libreta poñendo o nº do exercicio correspondente.


LINGUA GALEGA:   facer as actividades da lección 1 e da lección 2( Nesta orde, aínda que en snappet aparezan ó revés).


Sabedes que non se trata de correr e acabar se non de tratar de facelo ben. Recordade que son dous intentos para cada resposta. 


Os que teñen problemas con snappet deberán facer na libreta as seguintes tarefas:


Matemáticas: facer os exercicios das páxinas 112 e 113 do libro.

L. galega:    ler as páxinas 122 e 123. A continuación facer os exercicios das páxinas 124, 125 e 126.

En canto a  CIENCIAS DA NATUREZA e CIENCIAS SOCIAIS, as actividades son para facer ao longo de toda a semana, é dicir  hai de prazo ata o seguinte luns.


Naturais:  hai que ler as páxinas 54 e 55. Despois de lelas, facer un esquema coas articulacións e outro cos tipos de ósos.


Cando teñades feitos os esquemas deberedes facer os seguintes exercicios: 

páx. 54: 3
páx. 55: 5,6 e 7.
páx. 63: 10
páx. 81: 10


Sociais: hai que ler as páxinas 54 e 55. De seguido facer estes exercicios:

páx. 54: 1,2 e 3.
páx. 82: 6

Se é posible, imprimir dous mapas mudos físicos de Galicia  e colocar en cada un deles:

1. Serras, picos máis altos e chairas.


2. Os tramos de costa, rías, cabos e illas.


Todas as dúbidas que teñades ídelas anotando para  poder aclaralas cando nos sexa posible.


Ata o mércores!