Bo día a todos e todas!
A continuación tendes as actividades que deberedes facer o luns e o martes:
MATEMÁTICAS: en snappet facer todas as actividades da lección 1 e da lección 2( Facede 1º a 1 e despois a 2). Hai que facer os cálculos na libreta poñendo o nº do exercicio correspondente.
LINGUA GALEGA: facer as actividades da lección 1 e da lección 2( Nesta orde, aínda que en snappet aparezan ó revés).
Sabedes que non se trata de correr e acabar se non de tratar de facelo ben. Recordade que son dous intentos para cada resposta.
Os que teñen problemas con snappet deberán facer na libreta as seguintes tarefas:
Matemáticas: facer os exercicios das páxinas 112 e 113 do libro.
L. galega: ler as páxinas 122 e 123. A continuación facer os exercicios das páxinas 124, 125 e 126.
En canto a CIENCIAS DA NATUREZA e CIENCIAS SOCIAIS, as actividades son para facer ao longo de toda a semana, é dicir hai de prazo ata o seguinte luns.
Naturais: hai que ler as páxinas 54 e 55. Despois de lelas, facer un esquema coas articulacións e outro cos tipos de ósos.
Cando teñades feitos os esquemas deberedes facer os seguintes exercicios:
páx. 54: 3
páx. 55: 5,6 e 7.
páx. 63: 10
páx. 81: 10
Sociais: hai que ler as páxinas 54 e 55. De seguido facer estes exercicios:
páx. 54: 1,2 e 3.
páx. 82: 6
Se é posible, imprimir dous mapas mudos físicos de Galicia e colocar en cada un deles:
1. Serras, picos máis altos e chairas.
2. Os tramos de costa, rías, cabos e illas.
Todas as dúbidas que teñades ídelas anotando para poder aclaralas cando nos sexa posible.
Ata o mércores!
Ningún comentario:
Publicar un comentario